
Sinopsis
A utilidade do inútil é un manifesto que reúne citas e reflexións dos que Nuccio Ordine fixo acopio durantea súa ampla experiencia como profesor e investigador. Está estruturado en tres partes: unha primeira sobre a útil inutilidade da literatura e a achega de personaxes do eidoda cultura que abordaron este tema ao longo da historia; outra que analiza a repercusión da lóxica do beneficio no ámbito do ensino, da investigación e das actividades culturais en xeral dende o punto de vista do que o autor califica criticamentecomo universidade-empresa e estudantes-clientes; e por último, unha mostra de clásicos que tiveron efectos destrutivos na dignitas hominis, a través da ilusión da riquezae da prostitución da sabedoría.
Ficha técnica
192
9788415250876
PONTEVEDRA
268 gr
CARLOS ACEVEDO