Hixinio Puentes
Biografía
Hixinio Puentes (Porto do Barqueiro, 1952) é mestre e investigou a historia do seu concello. Iniciouse na escrita con Os naufraxios da Galicia Norte (2004), Os naufraxios da Galicia Norte Volume II (2005) e La galerna de 1961 (2005). En 1999 conseguiu o accésit do Premio de Xornalismo David Fojo en A Voz de Ortigueira. Como narrador publicou O bandido Casanova (Xerais, 2000), premio Pastor Díaz 1999; Aguillóns de Ortegal (Xerais, 2005), finalista ao premio Arcebispo Juan de San Clemente; Monbars o Exterminador (Xerais, 2008), finalista do Premio Xerais en 2005 e gañadora en 2006 do IV Premio Eixo Atlántico de Narrativa; A do vinte e un (2010), Premio Vicente Risco de Creación Literaria 2009 e Winnipeg (Xerais, 2013).
Libros de Hixinio Puentes
- 2013
Winnipeg (ebook)
EbooksNovela contemporánea
- 2013
Winnipeg
LibrosNovela contemporánea
- 2009
Monbars O Exterminador
LibrosNovela contemporánea
- 2005
Aguillons De Ortegal
LibrosNovela contemporánea
- 2000
O Bandido Casanova
LibrosNovela contemporánea